Inicio . blog de Gráfico

Artigos

En col da verba Cigarrón

Para tentar de lle atopar unha explicación coherente a esta verba, cómpre facer antes referencia a unhas máscaras que en Asturias saen nos comenzos do ano. Aparecen designadas estas, entre outros nomes, como Guirrios e Zamarrones, sendo o seu principal papel o de pedir polas casas unha esmola ou aguinaldo (cartos, mazás, sidra…).

Ler máis...

Autor: Xerardo Dasarias, 15 de Xaneiro de 2010.
Blogue

II Xornada sobre o Entroido

Si ben o ámbito xeográfico da xornada se limitou ao territorio ourensán, vémonos na obriga de aclarar que esta limitación responde únicamente a cuestións metodolóxicas; o plantexamento de Homo Ludens a este respecto foi sempre e ségueo a ser, o de superar calquera localismo para atender a un fenómeno cultural que non entende de fronteiras administrativas. O método de traballo de Homo Ludens pasa por incorporar aos nosos proxectos, persoas vencelladas directamente cos entroidos que tratamos; esta é a única razón por a que o noso “radio de acción” neste momento inicial, se limita aos entroidos ourensáns. En calquera caso, coidamos que dende o punto de vista da súa xestión como ben cultural, é preciso entender o Entroido como un elemento máis da cultura tradicional de, cando menos, todos os galegos…

Ler máis...

Autor: Homo Ludens, 19 de Febreiro de 2009. Non hai comentarios »
Blogue

Creative Commons License
Tódolos textos recollidos en www.entroido.eu son licenciados por Homo Ludens baixo Licencia de Recoñecemento Creative Commons 3.0.
Os dereitos das fotografías corresponden aos seus respectivos autores.