Inicio . cousas

Mapa

 

O contido desta páxina requiere unha versión máis recente de Adobe Flash Player.

Obter Adobe Flash Player

Entradas máis recentes

Enterro do Entroido

O enterro é unha dramatización popular da morte do entroido; non ten unha fórmula fixa cada ano, anque hai elementos que non poden faltar coma o lume, o boneco, persoa, ou outro elemento, que simbolice o entroido.

Ler máis...

Autor: Nieves Amado, 20 de Marzo de 2009.
Cousas do Entroido | Laza

Testamentos

O testamento ou “sermón” é unha peza literaria popular, con forma de cuartetas rimadas creada polo testamenteiro, cuxo fío argumental é o reparto entre os veciños e autoridades, das partes dun burro morto no ano anterior.

Ler máis...

Autor: Nieves Amado, 11 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Laza

Compadres e Comadres

Ler máis...

Autor: Homo Ludens, 11 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido

Os Lardeiros

Os mecos reciben nestas terras o nome de Lardeiros. O meco-home é o Lardeiro e o meco-muller e a Lardeira. Feitos de palla e vestidos con roupas roubadas simbolizan o enfrentamento e a loita de sexos que levan a cabo os mozos e as mozas das terras vianesas.

Ler máis...

Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Viana do Bolo | zzz_Secundario

Os Fulións

Os Fulións son as manifestacións máis populares, xa que só se require un apeiro de labranza ou trebello que soe e xuntarse cos numerosos e grandes bombos. Estes cortexos itinerantes, o mesmo que as comparsas teatrais, aparte do divertimento, sempre aportaron un aire de rivalidade cos Fulións das outras aldeas.

Ler máis...

Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Manzaneda | O Bolo | Trives | Viana do Bolo | Vilariño de Conso

Fareleiro

O ritual tradicional das fareladas ten mudado, especialmente nos últimos tempos, cara formas máis impetuosas e agresivas. No domingo Fareleiro a Praza Maior e os seus arredores convírtense no centro neurálxico dunha batalla campal. A munición que se emprega nesta contenda incruenta son os farelos ou a fariña, e o inimigo todo o que se move no campo de combate.

Ler máis...

Autor: Xesús Losada, 3 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Xinzo de Limia

Oleiro

O tradicional xogo das olas presenciado por Taboada Chivite a principios do século XX en Xinzo de Limia séguese xogando, ano tras ano.Nunha viaxe a Ourense contemplou como unha cuadrilla de homes colocados en círculo a unha distancia prudencial,se lanzaban unha ola entre eles. Dende entón teñen cambiado bastantes cousas, pero a tradición segue viva.

Ler máis...

Autor: Xesús Losada, 9 de Xaneiro de 2009.
Cousas do Entroido | Xinzo de Limia

Corredoiro

O meco é un personaxe curioso, pois o mesmo protagonista pode ser aclamado como a personificación mesma do rei do entroido ou pode ser vilipendiado coma un perdulario farrapento e desastrado. A tradición entroideira da capital da Limia vincula, dende antigo…

Ler máis...

Autor: Xesús Losada, 9 de Xaneiro de 2009.
Cousas do Entroido | Xinzo de Limia

Creative Commons License
Tódolos textos recollidos en www.entroido.eu son licenciados por Homo Ludens baixo Licencia de Recoñecemento Creative Commons 3.0.
Os dereitos das fotografías corresponden aos seus respectivos autores.