Dous, catro, seis, oito… sempre pares, os Boteiros abren o paso dos fulións. Enmascarados co traxe regulamentario vistoso e colorista, danzan e corren. Teñen que mostrar sempre autoridade, gallardía, elegancia e virilidade. Emitindo ronquidos intimidantes, retiran ao público para facer máis vistosa a farándula carnavalesca.
Ler máis...
Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | O Bolo | Viana do Bolo | Vilariño de Conso
Os Fulións son as manifestacións máis populares, xa que só se require un apeiro de labranza ou trebello que soe e xuntarse cos numerosos e grandes bombos. Estes cortexos itinerantes, o mesmo que as comparsas teatrais, aparte do divertimento, sempre aportaron un aire de rivalidade cos Fulións das outras aldeas.
Ler máis...