O peliqueiro é intocable, pódeselle berrar e aldraxalo chamándolle algún alcume ou algún segredo da súa vida, máis ninguén lle pode tocar, facer burla, ensuciar ou pronunciar o seu nome de pila. É o rei indiscutible da festa e tamén o gardián de tódolos demáis personaxes do entroido. O peliqueiro debe darse a respetar levando con dignidade e soltura o traxe.
Ler máis...
Autor: Nieves Amado, 14 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Castro de Laza | Laza
O troteiro é un personaxe que ademáis de trotar polos camiños, caracterízase por unha serie de elementos estéticos. Leva un traxe de cor branca, a ser posíbel de liño, que se adorna cunhas cintas de cores que lle colgan das diferentes partes do traxe. Este, tamén leva un pano de ganchillo, cosido á camisa pola parte de atrás, á altura dos hombreiros.
Ler máis...
Autor: David Pérez, 14 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Bande
Dous, catro, seis, oito… sempre pares, os Boteiros abren o paso dos fulións. Enmascarados co traxe regulamentario vistoso e colorista, danzan e corren. Teñen que mostrar sempre autoridade, gallardía, elegancia e virilidade. Emitindo ronquidos intimidantes, retiran ao público para facer máis vistosa a farándula carnavalesca.
Ler máis...
Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | O Bolo | Viana do Bolo | Vilariño de Conso