Enterro do Entroido
O enterro é unha dramatización popular da morte do entroido; non ten unha fórmula fixa cada ano, anque hai elementos que non poden faltar coma o lume, o boneco, persoa, ou outro elemento, que simbolice o entroido.
Inicio . Arquivo
O enterro é unha dramatización popular da morte do entroido; non ten unha fórmula fixa cada ano, anque hai elementos que non poden faltar coma o lume, o boneco, persoa, ou outro elemento, que simbolice o entroido.
Autor: Nieves Amado, 20 de Marzo de 2009.
Cousas do Entroido | Laza
O peliqueiro é intocable, pódeselle berrar e aldraxalo chamándolle algún alcume ou algún segredo da súa vida, máis ninguén lle pode tocar, facer burla, ensuciar ou pronunciar o seu nome de pila. É o rei indiscutible da festa e tamén o gardián de tódolos demáis personaxes do entroido. O peliqueiro debe darse a respetar levando con dignidade e soltura o traxe.
Autor: Nieves Amado, 14 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Castro de Laza | Laza
O troteiro é un personaxe que ademáis de trotar polos camiños, caracterízase por unha serie de elementos estéticos. Leva un traxe de cor branca, a ser posíbel de liño, que se adorna cunhas cintas de cores que lle colgan das diferentes partes do traxe. Este, tamén leva un pano de ganchillo, cosido á camisa pola parte de atrás, á altura dos hombreiros.
Autor: David Pérez, 14 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Bande
Homo Ludens 2009 | Acerca de nós | Aviso legal | LSSI
