Autor: Homo Ludens, 12 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Pendente | Viana do Bolo
O Boteiro
Dous, catro, seis, oito… sempre pares, os Boteiros abren o paso dos fulións. Enmascarados co traxe regulamentario vistoso e colorista, danzan e corren. Teñen que mostrar sempre autoridade, gallardía, elegancia e virilidade. Emitindo ronquidos intimidantes, retiran ao público para facer máis vistosa a farándula carnavalesca.
Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Criaturas do Entroido | O Bolo | Viana do Bolo | Vilariño de Conso
Os Lardeiros
Os mecos reciben nestas terras o nome de Lardeiros. O meco-home é o Lardeiro e o meco-muller e a Lardeira. Feitos de palla e vestidos con roupas roubadas simbolizan o enfrentamento e a loita de sexos que levan a cabo os mozos e as mozas das terras vianesas.
Autor: Juan Antonio Pinza, 5 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Viana do Bolo | zzz_Secundario

