O ritual tradicional das fareladas ten mudado, especialmente nos últimos tempos, cara formas máis impetuosas e agresivas. No domingo Fareleiro a Praza Maior e os seus arredores convírtense no centro neurálxico dunha batalla campal. A munición que se emprega nesta contenda incruenta son os farelos ou a fariña, e o inimigo todo o que se move no campo de combate.
Ler máis...
Autor: Xesús Losada, 3 de Febreiro de 2009.
Cousas do Entroido | Xinzo de Limia
O tradicional xogo das olas presenciado por Taboada Chivite a principios do século XX en Xinzo de Limia séguese xogando, ano tras ano.Nunha viaxe a Ourense contemplou como unha cuadrilla de homes colocados en círculo a unha distancia prudencial,se lanzaban unha ola entre eles. Dende entón teñen cambiado bastantes cousas, pero a tradición segue viva.
Ler máis...
Autor: Xesús Losada, 9 de Xaneiro de 2009.
Cousas do Entroido | Xinzo de Limia
A pantalla, máscara singular e exclusiva de Xinzo de Limia, forma parte dunha ampla familia de máscaras que vesten roupa branca. Na actualidade poden considerarse dúas versións, unha máis fina con camisa e pantalón e outra máis modesta con camiseta e calzón…
Ler máis...
Autor: Xesús Losada, 7 de Xaneiro de 2009.
Criaturas do Entroido | Xinzo de Limia